Tuesday 30 de April de 2024

Éxito, unha vez máis, da feira de orientación académica e profesional de Oleiros


Con grande asistencia de público celebrouse hoxe a Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros, que na súa terceira edición exhibiu a oferta formativa de trinta entidades, entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias.

Todas elas mantiveron postos de información durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Entre as 9.30 a 13.30 horas, uns 600 alumnos dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por mestres e orientadores, visitaron a Feira en distintas quendas, que estaba exclusivamente dedicado a este alumnado. Pola tarde, de 16 a 18.00 horas, o evento abriuse a todo o público interesado.

O encontro foi organizado polo Concello de Oleiros coa colaboración dos departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria: Neira Vilas, María Casares, Miraflores e Hijas de Cristo Rey.